Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2011 Páx. 35021

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 23 de novembro de 2011 pola que se declaran e clasifican novas zonas de reinstalación de moluscos bivalvos nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) n.º 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece na epígrafe C do capítulo II da sección VII do anexo III os requisitos para a reinstalación de moluscos bivalvos vivos, e no punto 1 da epígrafe A do capítulo II da sección VII do anexo III indica que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente, como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na epígrafe A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

Porén, a localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas correspóndelle á Consellería do Mar.

As zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foron declaradas e clasificadas mediante a Orde do 8 de setembro de 2006 que foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, recentemente polas ordes do 14 de marzo de 2011, do 6 de xullo de 2011 e do 28 de xullo de 2011. Os anteditos controis, para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas, son realizados pola Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

Os moluscos bivalvos vivos recolectados nas zonas de produción clasificadas como B só poderán poñerse no mercado para o consumo humano se foron sometidos a tratamento nun centro de depuración ou despois da súa reinstalación. Para o caso dos moluscos bivalvos vivos procedentes das zonas de produción clasificadas como C só poderán poñerse no mercado para o consumo humano despois da súa reinstalación durante un período prolongado de tempo. Despois da depuración ou reinstalación, os moluscos bivalvos vivos das zonas de produción das clases B ou C deberán cumprir todos os requisitos do capítulo V da sección VII do anexo III do Regulamento (CE) n.º 853/2004. Non obstante, os moluscos bivalvos vivos procedentes das zonas B ou C que non fosen sometidos a un proceso de depuración nin de reinstalación poderán ser enviados a un establecemento de transformación en que deberá efectuarse un tratamento para eliminar os microorganismos patóxenos.

Co fin de que os produtos procedentes das zonas de produción clasificadas como C teñan unha maior saída ao mercado e para dar cumprimento ás anteditas normas e baseándose nos resultados das análises periódicas realizadas nos plans de mostraxe considérase necesario declarar zonas de reinstalación de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así, con base en todo o exposto considérase necesario declarar novas zonas de reinstalación polo que, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños e da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) da Consellería do Mar

DISPOÑO:

Artigo 1.

De acordo co establecido no Regulamento (CE) n.º 854/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización de controis oficiais para os produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establécense para as augas da Comunidade Autónoma de Galicia dúas novas zonas de reinstalación para moluscos bivalvos que aparecen recollidas no anexo I.

Artigo 2.

Os requisitos para a reinstalación dos moluscos bivalvos vivos deberán cumprir o descrito na epígrafe C do capítulo II da sección VII do anexo III do Regulamento (CE) n.º 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

Artigo 3.

Co fin de garantir a idoneidade dos produtos reinstalados nas diferentes zonas, a Consellería do Mar, a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), realizará o control de todas as zonas de reinstalación, conforme o establecido no Regulamento (CE) n.º 854/2004, do 29 de abril, e na Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, ou normativa que a modifique ou substitúa.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO I

Clave

Área de reinstalación

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 03

R-GAL 03/03

Parte externa da ría de Ferrol

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une cabo Prioriño Chico e punta Coitelada e a liña imaxinaria que une punta San Carlos e punta Segaño

(553505, 4812135)

(555425, 4810680)

(556808, 4812504)

(555737, 4811706)

A

Provisional

Clave

Área de reinstalación

Límites da zona

Especie

Clase

Comentario

GAL 28

R-GAL 28/01

Ría de Pontevedra

Cuadrículas 44 e 45 do polígono Cangas-A

Moluscos bivalvos

A

Provisional

missing image file