Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2011 Páx. 36072

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorga destino aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de Xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicarlles destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda de promoción interna), nomeados funcionarios de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 18 de novembro de 2011, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos que se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o responsable do órgano xudicial ou fiscal de destino dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, para o cal deberán figurar con suficiente antelación nos ditos órganos xudiciais os documentos F1R, que previamente serán remitidos, por cuadruplicado exemplar, pola Dirección Xeral de Xustiza.

Segundo. Os funcionarios destinados en virtude desta resolución, e que opten por continuar en activo no corpo de tramitación procesual e administrativa, non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, abondando con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro lle comuniquen, se for o caso, á Dirección Xeral de Xustiza, a dita opción, para aos efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

Terceiro. No caso de que os funcionarios opten por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da Dirección Xeral de Xustiza correspondente ao seu destino como funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, bardante daqueles que se teñan que desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo.

No caso de que o funcionario proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberase remitir a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlles de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa e mais o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, a fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión, o responsable do órgano xudicial ou fiscal de destino remitirá dous exemplares do documento F1R á Dirección Xeral de Xustiza, para que esta proceda ás oportunas variacións en nómina, un dos cales será enviado pola referida dirección xeral ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza. Pola súa banda, outro exemplar seralle entregado ao interesado, e o cuarto será para constancia no órgano xudicial.

Cuarto. Os funcionarios que opten por permanecer no novo posto do corpo de xestión procesual e administrativa terán dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, permiso do que se deducirán os días establecidos no punto terceiro desta orde.

Quinto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas, que lles foron adxudicadas aos aspirantes aprobados, cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa, aos que se lles outorga destino en virtude desta resolución, malia seren destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 11 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, e non adxudicadas aos aspirantes de novo ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa, quenda de promoción interna, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para os aspirantes a ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da quenda libre.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2011.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO
Xestión procesual e administrativa, quenda de promoción interna

N.º orde

DNI

Apelidos

Nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

1

34991252H

Pérez Diéguez

Lucía

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2

33235522Q

Castiñeiras García

María del Carmen

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Cangas

Pontevedra

3

52433810C

Cambre Agrelo

Jesús Antonio

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Corcubión

A Coruña