Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2011 Páx. 36877

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de decembro de 2011 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

Mediante a Orde do 13 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

O artigo 17 desta orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.05.423A.780.0, por importe total de 9.062.463 euros para o ano 2011, e na contía de 150.000 euros para o ano 2012, e que se poderán ampliar, se fose o caso, os ditos importes.

Tendo en conta que estas axudas non están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva, e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único. Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial, en dous millóns novecentos corenta e oito mil seiscentos dous con setenta e dous euros (2.948.602,72 €), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 13 de maio de 2011 (DOG do 31 de maio).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria