Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37053

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de maio de 2011, pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral (Diario Oficial de Galicia número 99, do 24 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 19 de maio de 2011, pola que se establecen as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar, procédese á publicación das subvencións que foron concedidas por esta xefatura territorial con base na citada Resolución do 19 de maio.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 42.604,74 €.

Partida orzamentaria: 04.40.312G.481.0.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver o anexo.

Ourense, 18 de novembro de 2011.

Luis Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Crédito asignado: 42.392,75 €.

Axudas concedidas:

CIF

Entidade

Importe

G32011314

Anpa CEIP O Couto

6.000,00 €

G32148306

Anpa O Recreo - CEIP Manuel Bermúdez Couso

3.278,94 €

G32030918

Anpa Colexio Salesiano María Auxiliadora

4.126,88 €

G32138299

Anpa CEIP Irmáns Villar

6.000,00 €

G32231136

Anpa CEIP Vistahermosa

2.256,78 €

G32123937

Anpa Josefinas - Colexio San José

6.000,00 €

G32173312

Anpa Ben Cho Shey - Colexio Público do Pereiro de Aguiar

4.733,44 €

G32013203

Anpa O Areal - Colexio Sagrado Corazón

6.000,00 €

G32009326

Anpa Villa de Ribadavia

3.996,71 €