Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37528

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 61, do 28 de marzo), establece na súa disposición adicional cuarta, na que se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 61, do 28 de marzo), nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011:

12.04.322C.472.0, código de proxecto 2011 00607 polo importe de 422.728,23 euros.

12.04.322C.472.0, código de proxecto 2010 00768 polo importe de 50.159,01 euros.

12.04.322C.472.0, código de proxecto 2009 01038 polo importe de 7.000,00 euros.

12.04.322C.472.5, código de proxecto 2010 00783 polo importe de 18.889,67 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar