Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizos de organización dos actos que desenvolverá esta consellería nas feiras do libro internacionais do ano 2012 (tres lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: organización dos actos que desenvolverá a Consellería de Cultura e Turismo nas feiras do libro internacionais do ano 2012 (tres lotes).

Lote 1: Bolonia.

Lote 2: Buenos Aires.

Lote 3: Guadalajara (México).

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a realización da totalidade dos traballos será desde a sinatura do contrato ata 10 días despois da data de finalización de cada feira, respectando sempre as súas datas de realización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 131.355,93 €.

IVE (18%): 23.644,07 €.

Importe total: 155.000,00 €, IVE incluído.

Lote 1: 50.000,00 €, IVE incluído (s/IVE 42.372,88 € + IVE (18%) 7.627,12 €).

Lote 2: 60.000,00 € IVE incluído (s/IVE 50.847,46 € + IVE (18%) 9.152,54 €).

Lote 3: 45.000,00 €, IVE incluído (s/IVE 38.135,59 € + IVE (18%) 6.864,41 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17091

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 euros.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo