Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2010287SAM por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de novembro de 2011, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador n.º 2010287SAM, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Espina y Delfín.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Espina y Delfín o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 da Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lles facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2010287SAM.

Interesado/a: Espina y Delfín.

DNI/NIF/CIF: B15026693

Último enderezo coñecido: rúa Tedelle, s/n. A Baña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35.a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e no artigo 41 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

R.D. 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano; artigos 11.4; 18.5; 27.1; 30.1.

Orde SCO/1591/2005, do 30 de maio, sobre o sistema de información nacional de auga de consumo, disposición terceira, puntos 3) e 5).

Programa de vixilancia sanitaria augas de consumo da Comunidade Autónoma de Galicia 2008/2012, punto 4.A. 4.1; anexo II.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 3.000 € (tres mil euros).

Contido da resolución: desestimar o recurso de alzada interposto pola entidade Espina y Delfín, contra a Resolución da xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña do 10 de maio de 2011.