Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 43/11, seguido a Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García.

Notifícaselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita e que na súa parte dispositiva di: «Sancionar a Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García, de forma solidaria, coa multa de 6.000,00 (seis mil) euros como responsables da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».

Os interesados dispoñen de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para presentaren alegacións. Ao termo destes, o conselleiro de Economía e Industria ditará a resolución definitiva que corresponda.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 43/11.

Denunciada: Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García.

Infracción: irregularidades na instalación. Lei de industria (artigo 31.2.e).