Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2012/9-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.S. polígono industrial Porto do Molle, parc. M-7.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 32 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme na L.M.T.S. GON816, entre a subestación Gondomar e o C.T. 36CVW5, unha vez que entre e saia do C.S. proxectado. Centro de seccionamento en edificio prefabricado tipo 3L, situado no polígono industrial Porto do Molle, parcela M-7, Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra