Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4947

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2011.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, pola que se aproba a Lei de transparencia de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos por esta sociedade no terceiro cuadrimestre de 2011.

Data

Vencemento

Importe

Contratista

Referencia

Obxecto

1.7.2011

30.9.2011

6.500,00 €

Universidade Internacional Menéndez Pelayo. UIMP

CV0007/2011

Convenio de colaboración no encontro «A xestión dos recursos ambientais en Galicia. Experiencias, retos e perspectivas» organizado pola UIMP

26.9.2011

30.6.2012

Sen custo económico

Universidade de Santiago de Compostela

CV0008/2011

Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e Sogama para a realización de prácticas de alumnos/as do Máster Oficial en Xestión Pública

26.10.2011

25.10.2016

90.000,00 €

Concello de Cerceda

CV0009/2011

Convenio de colaboración entre as partes para a posta en funcionamento dun xardín botánico que está promovendo na actualidade o Concello de Cerceda

Cerceda, 13 de xaneiro de 2012.

Luis Lamas Novo
Presidente