Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente BS306B 2010/91-0.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, sitas no edificio administrativo San Lázaro, 3.º andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Ovidio Rodeiro Tato
Director xeral de Xuventude e Voluntariado

ANEXO

Expediente: BS306B 2010/91-0.

Interesada: Selma Veiga Alén, como representante do grupo informal Viajes por Galicia y sus antiguos oficios.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente declarativo de reintegro relativo á subvención concedida ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2010 (DOG n.º 86, do 7 de maio).