Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5739

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1054/2009).

Elena M.ª Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 1054/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Santamaría Domínguez contra a empresa Mamás-Mamás, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza o 17.1.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por María Teresa Santamaría Domínguez fronte á mercantil Mamás-Mamás, S.L., e, en consecuencia, condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.599,76 euros, máis o 10% da dita cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Mamás-Mamás, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial