Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1433/2010).

Elena M.ª Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1433/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Mosquera López contra a empresa Bello Moure, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza o 13.1.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Francisco Javier Mosquera López fronte á mercantil Bello Moure, S.L., e Fernando Bello Seoane e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno, conxunta e solidariamente, as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento da cantidade de 6.537,38 euros, en concepto de indemnización por despedimento, con aboamento, en ambos os casos, dos salarios de tramitación por importe de 25.568,40 euros, así como os que se devenguen ata a notificación da sentenza, a razón de 58,11 euros por día.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao desta notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, M.ª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Bello Seoane, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial