Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 14 de decembro de 2011 (DOG número 242, do 21 de decembro), e de conformidade co establecido no artigo 29.2.º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do referido texto refundido, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizarán dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Apelidos e nome: Iglesias Gómez, Marta.
N.º de rexistro de persoal: 7931603035 A2060.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.
Subgrupo: A1.
Posto de traballo: xefa do Servizo de Recursos Humanos.
Código: ED.C99.10.000.15001.125.
Nivel: 28.
Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.
Localidade: A Coruña.