Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6287

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, pola que se adoptan diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG número 221, do 18 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, as puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición de dous opositores, que quedan como segue:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

34968725P

Ramón Ruiz Nieto

15,35

52936488X

Irene López Sampedro

11,07

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes alegacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación destes acordos no recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. Que o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, se realizará o día 25 de febreiro de 2012 no auditorio do recinto da Feira Internacional de Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

Os/as aspirantes terán que presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán ir provistos/as de lapis do número 2 e goma de borrar.

Cada pregunta contará con catro (4) respostas alternativas, das cales só unha delas será a correcta.

Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e tenza de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico. Así mesmo, queda prohibido o acceso ao recinto con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Quinto. Contra estes acordos poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Alfonso Blasco García
Presidente do tribunal