Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6537

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

Advertidos erros na citada lei, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do venres, 30 de decembro de 2011, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 40498, no artigo 41, onde di: «..., de conformidade co previsto na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.», debe dicir: «…, de conformidade co previsto no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.».

Na páxina 40506, no artigo 56, onde di: «… ascende a 325.204.194 euros …», debe dicir: «… ascende a 322.700.772 euros ...».

Na páxina 40506, no artigo 57. Un, onde di: «Un 2,3049611% corresponde ao fondo base.

Un 0,0455758% corresponde ao fondo adicional.», debe dicir: «Un 2,3039714% corresponde ao fondo base.

Un 0,0465655% corresponde ao fondo adicional.».

Na páxina 40508, no artigo 58, onde di: «… ascenden a 208.615.535 euros …», debe dicir: «… ascenden a 206.112.113 euros ...».