Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6536

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na citada lei, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do venres, 30 de decembro de 2011, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 40743, no artigo 20, onde di: «… as contías establecidas na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público para o contrato menor, …», debe dicir: «… as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, …».

Na páxina 40759, na disposición derradeira terceira. Un, onde di: «… último parágrafo da alínea 2 do artigo 3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público ...», debe dicir: «… último parágrafo da letra e) da alínea 2 do artigo 3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro …».

Na páxina 40760, na disposición derradeira terceira. Tres, onde di: «… a súa actividade contractual á Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, como administración pública.», debe dicir: «… a súa actividade contractual ao texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, como administración pública».