Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 280/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: c/ O Areal, 53-B, 15621 Cabanas.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Castro.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 101 m, con inicio no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio n.º 7 existente da L.M.T. Atallo-A Pena (expediente 27.330) onde actualmente se realiza o paso aerosubterráneo da L.M.T. que alimenta o C.T. Castro (expedeiente 489/04), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95 Al) e final na cela de liña proxectada no C.T. Castro.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

–Rede de baixa tensión subterránea con orixe no C.T. Castro proxectado, cunha lonxitude de 370 m, condutor X.Z.1-0,6/1 kV-4 (1×240 Al).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial