Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 334/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Renova Generación de Energías Renovables, S.L.

Domicilio social: Sor Joaquina, n.º 4 B, esq., 15011 Curtis.

Denominación: liña interconexión 66 kV planta de biomasa polígono Teixeiro.

Situación: concello de Curtis.

Características técnicas:

Liña soterrada de alta tensión a 66 kV, cunha lonxitude de 0,33 km, con orixe na subestación da planta de biomasa poligono de Teixeiro (expediente IN408A 25/2010) e final nunha posición de 66 kV na subestación de Sidegasa (obxeto de proxecto á parte), no condutor Hersatene W.B. R.H.Z.1 36/66 3×1×150 mm2 AI + H70.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial