Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último enderezo que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo.

N.º de expedientes: 2006/221-5, 2006/222-5, 2006/223-5 e 2006/224-5.

Interesados: Vicente Luís Teixeira Jiménez, Amor Barrul Jiménez e M.ª Dolores Berrio Pérez.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 19 de decembro de 2011.

Vigo, 18 de xaneiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo