Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de febreiro de 2012 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 42, do 29 de febreiro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7412, onde di: «Resolución do 22 de febreiro de 2012 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería», debe dicir: «Resolución do 22 de febreiro de 2012 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación con pluralidade de criterios e tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, a desenvolver en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria».