Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (728/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 728/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso García Bello contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza 675/11.

Na Coruña o 28 de decembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, despois de ver o presente despedimento/cesamentos en xeral 728/2011 por instancia de Alfonso García Bello, que comparece asistido do letrado Jorge Espasandín Fernández contra Industrias Gelucho Romar, S.A., que non comparece, e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., en cuxo nome e representación comparece o letrado Héctor Alejandro Rial Picallo.

Resolvo:

1.º Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Alfonso García Bello contra a empresa Industria Gelucho Romar, S.A. e a empresa Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento con condena da empresa Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo, todo isto con aboamento, calquera que for a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise até a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2.º Para o caso de optarse pola indemnización, e respecto dos salarios de tramitación, condénase, así mesmo, solidariamente a empresa Industria Gelucho Romar, S.A. ao aboamento dos importes que por tales conceptos correspondan.

3.º A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 33.896,40 euros (trinta e tres mil novecentos noventa e seis con corenta céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 48,08 euros/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 8.846,72 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co n.º 1533 0000 65 0728 11, demostrando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0728 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no día da data, do que dou fe.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Na Coruña o 10 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial