Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de información pública sobre centro de experimentación de procesos de enxeñaría hidráulica e de control de eficiencia de paneis solares fotovoltaicos.

Mustallar Enerxías, S.L. solicita licenza para actividade de centro de experimentación de procesos de enxeñaría hidráulica e de control de eficiencia de paneis solares fotovoltaicos en nave industrial proxectada na parcela D-14 do polígono industrial Curtis-Teixeiro.

De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Curtis, 9 de febreiro de 2012.

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde