Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7597

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle presentado por Alfocasa, S.L.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2012, acordou:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por Isauro Cruz Deza, en nome e representación de Alfocasa, S.L. e redactado polo arquitecto Eusebio M. Pérez Iglesias co obxecto de definir as aliñacións da parcela n.º 28 da rúa 6 do polígono industrial, na fronte da estrada que comunica a aldea da Castellana coa igrexa parroquial de Santa Cruz de Rabeda, co fin de axustalas ás determinacións e previsións establecidas no PXOM.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares del con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 15 de febreiro de 2012, rexistro de saída número 260, en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A normativa urbanística e ordenanzas publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 41, do 18 de febreiro de 2012.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

San Cibrao das Viñas, 27 de febreiro de 2012.

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde