Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (774/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Yolanda Cabanas Fisteus contra Mes Estética, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 774/09, se acordou notificar a Mes Estética, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Yolanda Cabanas Fisteus, con intervención de Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mes Estética, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.182 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer».

E para que sirva de notificación a Mes Estética, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial