Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para cubrir tres prazas de xefe/a de equipo de Grumir.

As rectificacións aprobadas con relación ás bases xerais que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela, publicadas no BOP n.º 175, do 10 de setembro de 2008, coas rectificacións publicadas no BOP n.º 47, do 10 de marzo de 2009, así como as bases específicas que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas vacantes de persoal laboral no Concello de Redondela foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 29, do 10 de febreiro de 2012.

1. Prazas de persoal laboral fixo:

– 3 prazas de xefe/a de equipo Grumir, equiparadas ao grupo C2 da función pública, por quenda libre.

Redondela, 10 de febreiro de 2012.

Javier Bas Corugeira
Alcalde