Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 2 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo o requirimento de documentación en relación coa ampliación do período de subsidiación do préstamo e coa concesión da subvención persoal pola compra de vivenda de protección autonómica.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de documentación que se detalla no anexo. Así mesmo, de conformidade co artigo 71 da citada lei, infórmase aos interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2012.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: 36-Q-0066/05.

Nome: María Milagros Diz Rodeiro.

Enderezo: rúa Bosque Desamparados, 6, 1.º D, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Asunto: requirimento da fotocopia da escritura do préstamo, declaración da renda correspondente ao exercicio 2008 e certificado de empadroamento.

Expediente: P-AQ-0200/08.

Nome: Hortensia Fernández Cid.

Enderezo: rúa As Teixugueiras, 29, portal 1, 11.º A, 36212 Vigo.

Asunto: requirimento do primeiro recibo orixinal do préstamo cualificado.

Expediente: P-AQ-0979/07.

Nome: Moisés Rey Calvo.

Enderezo: rúa As Teixugueiras, 32, portal 2, 3.º G, 36212 Vigo.

Asunto: requirimento da escritura pública de compravenda e subrogación do préstamo cualificado rexistrada a nome do titular.