Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2012 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 36/70/08 VI.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester número 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 36/70/08 VI.

Interesada: Lohemi, C.B. (Tinturaría Delfín).

CIF: E27715663.

Acto notificado: Resolución do 25 de xaneiro de 2012, sobre solicitude de fraccionamento de pagamento.