Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 15 de febreiro de 2012 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia o expediente n.º 416 de clasificación como veciñal dos montes Eiteiro do Galo, Fraga da Igrexa, Salgueiral, A Volta da Costa, Os Curros, Foxo e As Barreiras promovido pola comunidade veciñal de San Pedro de Muro do concello de Porto do Son.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2011, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes coas seguintes características:

Montes: Eiteiro do Galo, Fraga da Igrexa, Salgueiral, A Volta da Costa, Os Curros, Foxo e As Barreiras.

Comunidade veciñal solicitante: comunidade veciñal de San Pedro de Muro.

Parroquia: San Pedro de Muro.

Concello: Porto do Son.

Superficie total: 2,5624 ha.

Integran o monte as seguintes parcelas:

– Eiteiro do Galo: 1.381 m2.

– Fraga da Igrexa: 4.285 m2.

– Salgueiral: 1.166 m2.

– A Volta da Costa, parcela I: 5.044 m2.

– A Volta da Costa, parcela II: 1.479 m2.

– Os Curros: 1.352 m2.

– Foxo: 2.047 m2.

– As Barreiras: 8.870 m2.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da precitada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

Susana Loreta Benedeti Corzo
Instrutora