Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de febreiro de 2012 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 25 de abril de 2011, recaída no expediente S-2010/018-C, devolta polo servizo de Correos por resultar ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 5 de xaneiro de 2012 a resolución pola cal se o recurso potestativo de reposición interposto por José Paredes Trillo, contra a Resolución do 25 de abril de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se lle impón ao interesado unha multa en relación coas obras promovidas polo interesado no lugar de Espiñeira-Mera, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da referida resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística