Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de aprobación das bases de convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo.

Por decreto da Alcaldía do 25 de xaneiro de 2012 aprobáronse as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense n.º 34, do 10 de febreiro de 2012, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario de carreira, da escala de Administración xeral, subescala administrativa, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do concello.

A Teixeira, 23 de febreiro de 2012.

Miguel A. Cid Álvarez
Alcalde