Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (957/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 957/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 957/2009, sendo demandante Jesús Castro Brandariz, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, e demandadas a empresa Contratas y Construcciones Marineda, S.L., así como a Administración Concursal de Contratas y Construcciones Marineda, S.L., e Coruña Urbano 2002, S.L., que compareceu a través de Carlos José Martiñán Campos, coa representación do letrado Sr. Golpe Vila, despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Jesús Castro Brandariz contra Contratas y Construcciones Marineda, S.L., así como contra a Administración Concursal de Contratas y Construcciones Marineda, S.L., e contra Coruña Urbano 2002, S.L. e en consecuencia, condeno a Contratas y Construcciones Marineda, S.L. e a Coruña Urbano 2002, S.L. a aboarlle a Jesús Castro Brandariz a cantidade de 2.543,25 euros que deben na forma e maneira que legalmente corresponda.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Contratas y Construcciones Marineda, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial