Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1225/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1225/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1225/2009, sendo demandante Bitnaida Eugenia Alejos Rodríguez, asistida polo letrado Sr. Güemez Abad, e demandada a empresa Distribuciones López de Oliveira, S.L., despois de ser citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Bitnaida Eugenia Alejos Rodríguez contra Distribuciones López de Oliveira, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar Bitnaida Eugenia Alejos Rodríguez a cantidade de 3.229,54 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Distribuciones López Oliveira, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial