Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (113/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 113/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consuelo Vilas Rodríguez contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María del Carmen Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., administración concursal, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza do 28.2.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Estímase a excepción de falta de competencia xurisdicional oposta pola representación de Peletería Senda, S.L., e José Nieto Puente e, en consecuencia:

Absólvese, sen entrar a coñecer o fondo do asunto, das pretensións exercidas por Consuelo Vilas Rodríguez, fronte a Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., María del Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo do dereito da demandante de deducir oportuna demanda ante os órganos competentes da orde mercantil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Paula Yebra-Pimentel Vilar, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Peletería Pepe Nieto, S.L., María del Carmen Hombre Porto e José Nieto Puentes, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial