Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10751

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de xestión de sistemas da información, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do comezo da lectura do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2012, o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de xestión de sistemas da información, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, que a lectura do terceiro exercicio da fase de oposición se realice a partir do día 29 de marzo de 2012, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, a partir das 16.00 horas.

Consonte o previsto na dita base da orde de convocatoria, convócanse para a lectura pública o día 29 de marzo de 2012 no lugar e na hora sinalados os/as opositores/as indicados no anexo.

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

As convocatorias dos/das aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado no parágrafo primeiro e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal

ANEXO

– Apelidos e nome:

Pérez Pelayo, Javier.

Romero Quintáns, Tareixa.

Tella Dorrio, Nicolás.

Viso López, Freddy.