Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos, suxeito a regulación harmonizada, para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.

c) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses, con posibilidade de dúas (2) prórrogas por un período de doce (12) meses cada unha.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 228.813,56 €.

IVE (18%): 41.186,44 €.

Importe total: 270.000,00 €, IVE incluído.

Anualidades:

2012: 78.750,00 € c/IVE.

2013: 135.000,00 € c/IVE.

2014: 56.250,00 € c/IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17294

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación requirida: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 19.00 horas do 25 de abril de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

P. D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria