Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública para acondicionamento de nave industrial (expediente 6305/10).

Comerquet, S.L., presentou neste concello solicitude de licenza con expediente número 6305/11 para o acondicionamento de nave industrial para fabricación de etiquetas autoadhesivas, sita na parcela B-15, rúa D, do Polígono Industrial Lalín 2000, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e poidan formular os interesados as alegacións que se consideren convenientes.

Lalín, 9 de marzo de 2011.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde