Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de obra e actividade (expediente 5926/10).

Manuel Rodríguez Varela, presentou neste concello, solicitude de licenza de obra e actividade con expediente número 5926/10, para un establecemento de fabricación de produtos químicos, sito na parcela P-7, naves 3 e 4 do PI Lalín 2000, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e de que formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 16 de febreiro de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde