Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO sobre licenza para a ampliación de explotación de gando vacún.

Ganadería Quintana, S.C. solicitou licenza deste concello para a reposición da legalidade das instalacións para a ampliación dunha explotación de gando vacún de leite existente, no lugar de Mouricios, parroquia de San Cristovo; e ao abeiro do establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente incoado polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España n.º 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, de efectuar as correspondentes alegacións.

Chantada, 14 de marzo de 2012.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde