Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/114-2, 7950 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: modificado de proxecto nova L.M.T.S. da subestación de Magazos L.M.T., Viveiro 3.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV Viveiro 3, con orixe na subestación de Magazos e final nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Super Claudio), cunha lonxitude de 2.742 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Super Claudio) e final nun empalme coa liña existente que alimenta o C.T. Adosados Paraíso, cunha lonxitude de 415 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– Adecuación do C.T.C. 14415 (Super Claudio), consistente na instalación de dúas celas de liña para a conexión das L.M.T. proxectadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo