No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de prevención de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo, para a Deputación de Ourense durante o período 2012-2014, cun tipo de licitación de 162.000,00 (IVE, e demais impostos engadidos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15.º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa do Progreso n.º 32 ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es
Ourense, 15 de marzo de 2012.
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense