Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de solicitude de licenza de actividade referente a unha residencia de maiores (expediente 38787/422).

Geriatros, S.A., solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, segundo o expediente 38787/422, a modificación da licenza de actividade que foi autorizada polo delegado da Área de Urbanismo e Vivenda con data 8.10.2010 (expediente 35595/422), para residencia e centro de día para persoas maiores, que se situará na rúa Montecelo.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto dende o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 28 de decembro de 2011.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos