Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón a suspensión provisional da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación e a apertura do trámite de audiencia previo á cancelación definitiva da inscrición en relación cos expedientes do procedemento PR805A.

Antecedentes.

No DOG do 25 de maio de 2011 publícase o Decreto 90/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. O decreto entrou en vigor o 17 de xuño de 2011.

A disposición transitoria deste decreto establece para todos os axentes de cooperación a obriga de adecuar a súa inscrición no rexistro nos seis meses seguintes a súa entrada en vigor.

Neste tempo remitíuselle información, a cada un dos axentes inscritos neste rexistro, dos datos que constaban nesta Administración, mediante unha ficha individualizada da entidade inscrita. Na información dos expedientes que nos ocupan non foron actualizados os seus datos, ou non puideron ser notificados nos domicilios e nas circunstancias que constan no anexo desta resolución.

Fundamentos de dereito.

A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, establece no seu artigo 23 os axentes de cooperación.

O Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011 (desde agora Decreto 90/2011), establece no seu artigo 13.1 que a inscrición no rexistro é voluntaria.

O artigo 19 do Decreto 90/2011 establece a obriga de comunicar ao rexistro calquera alteración dos datos rexistrados e di que a falta de comunicación da modificación dos datos inscritos a que se refire o artigo 16 deste decreto –entre os que se atopa a modificación do domicilio social ou da súa delegación permanente en Galicia– , terá como efecto a suspensión provisoria da inscrición, que podería derivar en cancelación definitiva, logo do trámite de audiencia de acordo co previsto no artigo seguinte.

O artigo 20 do Decreto 90/2011 establece que a inscrición dun axente de cooperación ao desenvolvemento poderá ser cancelada, por instancia de parte interesada ou de oficio, entre outros, nos seguintes casos:

«d) Por incumprimento da obriga de comunicar e acreditar calquera modificación da documentación achegada para a inscrición rexistral, de conformidade co disposto no artigo 15 deste decreto».

De acordo co indicado e á vista da lexislación aplicable,

RESOLVO:

Proceder á suspensión provisoria da inscrición das entidades relacionadas no anexo deste oficio, concedéndolles un trámite de audiencia de 15 días co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e comunicándolles que, en caso de non facelo, terá lugar a cancelación definitiva da inscrición da súa entidade.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Sección e n.º

Denominación

1.ª Notificación e causas

2.ª Notificación e causas

Outras actuacións da
Administración

Data da última comunicación ao rexistro

ONGD11

Asociación Gallega de Ayuda al Sahara

30.7.2011

Ausente na repartición

Gregorio Espino 32. Oficina C.

36205 Vigo

5.9.2011

Entregado en domicilio

Gregorio Espino 32. Oficina C.

36205 Vigo

1.2.2012

Notificación de datos que debe presentar

2.6.1994

ONGD1 7

Asociación Medicus Mundi Galicia

6.7.2011

Recollido no Colexio Oficial de Médicos

San Pedro de Mezonzo 41-baixo

15701 Santiago de Compostela

20.1.2012

Descoñecido

San Pedro de Mezonzo 41-baixo

15701 Santiago de Compostela.

No colexio informan de que non existe relación con esta entidade

5.6.1994

ONGD74

Fundación Codespa de Cooperación al Desarrollo y Promoción de Actividades Asistenciales: Futuro en Marcha

8.7.2011

Entregado en domicilio

Wenceslao Fernández Flórez, 2, 3.º D

15005 A Coruña

24.1.2012

Entregado en domicilio

Wenceslao Fernández Flórez, 2-3.º D

15005 A Coruña

10.5.1999

Empresas 3

Nube Verde, S.L.

6.9.2011

Descoñecido

Curros Enríquez 34, entresollado 1.º

32003 Ourense

26.1.2012

Descoñecido

Curros Enríquez 34, entresollado 1.º

32003 Ourense

8.4.2005

Empresas 5

Qualitynova Consultores, S.L.L.

7.9.2011

Descoñecido

Arenal n.º 18-3.º. Oficina 4

36201 Vigo

20.1.2012

Descoñecido

Arenal n.º 18-3.º. Oficina 4

36201 Vigo

31.1.2012

Remítenselle ao enderezo electrónico dmguqlity-nova.com os escritos do 7.9.2011 e 20.1.2012

1.6.2005

Empresas 7

O.B.Z., S.L.

7.9.2011

Descoñecido

Guttemberg 34 B-3.º

15008 A Coruña

25.1.2012

Descoñecido

Guttemberg 34 B-3.º

15008 A Coruña

23.5.2006

Empresas 9

Xana Producciones, S.L.

6.9.2011

Descoñecido

Rúa das Hedras, nave 104-C

15895 O Milladoiro

25.1.2012

Descoñecido

Rúa das Hedras, nave 104-C

15895 O Milladoiro

24.7.2006

OAC 9

Asociación Coordinadora de Lesbianas, Gays, Bisexuales y Transexuales de Galicia. Colega

8.9.2011

Ausente na repartición

Xeneral Pardiñas 10-16, local 10

15701 Santiago de Compostela

20.1.2012

Descoñecido

Xeneral Pardiñas 10-16, local 10

15701 Santiago de Compostela

4.2.2011

OAC 9

Asociación Centro de Estudos sobre Desenvolvemento Endóxeno e Comunitario

8.9.2011

Ausente na repartición

Rúa de San Pedro 23-2.º

15703 Santiago de Compostela

30.9.2011

Descoñecido

Rúa de San Pedro 23-2.º

15703 Santiago de Compostela

12.8.2010