Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 36/58/11-ST, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xaneiro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 36/58/11-ST incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Titanius S.L., propietario do establecemento Pub Moravia.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Titanius Copas S.L., propietario do establecemento Pub Moravia, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia Cta. Contable 840, Código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

N.º expediente: 36/58/11-ST.

Denunciado: Titanius Copas, S.L., propietario do establecemento Pub Moravia.

DNI/CIF: B-36446706.

Último enderezo coñecido: Seara n.º 6, Poio.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigo 3.3, 4.d) e disposición adicional tercera da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 661 €.