Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 29/2011-PROT, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de febreiro de 2012, a xefa territorial de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 29/2011-PROT, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a Carnicería Terra de Lemos, C.B.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Carnicería Terra de Lemos, C.B. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sito na avda. de Zamora, n.º 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou de Caixanova Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de marzo de 2012.

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

N.º expediente: 29/2011-PROT.

Denunciado: Carnicería Terra de Lemos, C.B.

CIF/NIF: E27419662.

Último domicilio coñecido: rúa Ramón Cabanillas, n.º 24, 32004 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) n.º 852/2004, do 29 de abril, e Regulamento 853/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: mil euros (1.000,00 euros).