Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 248/2008).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de la autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto L.M.T.S., C.T.C. Carrio, s/n.

Situación: concello de Bergondo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de condutor 0,436 km, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, coa orixe no paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio existente n.º 3 da L.M.T. PED-701, tramo en derivada a C.T. Covas (expediente 27.387), e final no centro de transformación (C.T.) urbanización Carrio proxectado.

Centro de transformación non prefabricado 2L+1P, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña