Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 11991

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de marzo de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Peñarredonda, do concello da Coruña.

O representante da titularidade do CPR Peñarredonda, do concello da Coruña, solicita a modificación da autorización a transformación de tres (3) unidades do segundo ciclo de educación infantil en tres (3) unidades de educación primaria.

A Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a redución de tres (3) unidades do segundo ciclo de educación infantil e a ampliación tres (3) unidades de educación primaria, no centro que se sinala a continuación:

Denominación: CPR Peñarredonda.

Código do centro: 15004460.

Domicilio: r/ Xenebra, 3.

Localidade: Elviña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fomento Centros de Enseñanza.

Composición resultante:

Educación primaria: 10 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de:

– Ciencias e Tecnoloxía (2 unidades).

– Humanidades e Ciencias Sociais (2 unidades).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria