Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado no expediente de subvención para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas número 11270052/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270052/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa data de finalización.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Francisco José Vida-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270052/2009.

Interesado: Manuel Fernández López.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Barrio Castelo de Arriba, 39-Lugo.