Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de marzo de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU2/150/2010-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia a María Silva Doval, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/150/2010-R1, en relación coas obras promovidas pola interesada, na rúa do Embalse-Pinar do Rei, lugar de Castro de Agudín, parroquia de Cea, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no 1.º andar do edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística