Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dunha fábrica de bolaría e churros na parroquia de Almeiras.

Churrería La Ría, S.L. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dunha fábrica de bolaría e churros, nunha nave situada na rúa Marisqueira n.º 48, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 5 de marzo de 2012.

P.D. (Resolución 22.6.2011, BOP n.º 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo